viernes, 15 de mayo de 2020
LETRAS GALEGAS 2020
Para conmemorar o Día das Letras Galegas coñecemos á figura de Ricardo Carvalho Calero a través dun video sobre a súa biografía, das actividaes lim do seminario galán e coa lectura e actividades do seu conto AS PITAS BAIXO A CHUVIA, recursos recollidos neste cartaz dixital:
martes, 28 de abril de 2020
O DRAGÓN DRACO TAMÉN SE QUEDA EN CASA
Draco, o dragón protagonista do conto "Viaxe ao país das emocións" (do proxecto da Fundación Meniños, coa que colaboramos) tamén queda na casa. Podedes descargar un diploma de felicitación por ser capaz de quedar na casa para combatir o virus, ler o conto "Viaxe ao país das emocións", imprimir o conto para colorear, facer un puzzle on line de Draco, escoitar a canción de Draco ou facer o propio conto elixindo escenario, personaxe, accións e diálogos.
viernes, 17 de abril de 2020
LEMBRAMOS A LUIS SEPÚLVEDA
Pouco antes do confinamento coñecimos a Luis Sepúlveda, o escritor autor de "Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar". Foi a partir da noticia do seu contaxio por coronavirus que empezamos a falar deste autor. Lamentablemente onte faleceu. Como homenaxe podemos ver esta fermosa animación sobre o seu libro e despois facer as Actividades lim do conto.
jueves, 26 de marzo de 2020
martes, 24 de marzo de 2020
CONTOS DO CORONAVIRUS
Dous contos para explicar aos máis pequenos o qué é o virus COVID 19.
Despois de ver os contos podedes facer un debuxo de como os imaxinades a este virus. Podedes pintar ou facer un colaxe, unha figura con plastilina, pasta de modelar ou ou con masa caseira.
Despois de ver os contos podedes facer un debuxo de como os imaxinades a este virus. Podedes pintar ou facer un colaxe, unha figura con plastilina, pasta de modelar ou ou con masa caseira.
miércoles, 11 de marzo de 2020
ENTROIDO 2020
O tema elixido para o Entroido 2020 foi o de "Multiculturalidade".
En Educación infantil preparamos un proxecto sobre os nativos norteamericanos. Para o desfile de entroido confeccionamos disfraces de indias e indios.
En Educación infantil preparamos un proxecto sobre os nativos norteamericanos. Para o desfile de entroido confeccionamos disfraces de indias e indios.
TALLER DE RECICLAXE: CAIXAS- GRÚFALO
Facemos Grúfalos reutilizando material de refugallo (caixas de cereais ou galletas, restos de cartolinas, tapóns de plástico, etc.
lunes, 27 de enero de 2020
OUTONO CO GRÚFALO
No Samaín presentamos un dos nosos monstros favoritos: o Grúfalo.
Gustounos tanto que fixemos un montón de traballos relacionados con este personaxe nos obradoiros de Contos, Arte e Tics. Preme nos iconos deste cartaz para acceder aos enlaces.
lunes, 11 de noviembre de 2019
ÉRASE OUTRA VEZ UN BOSQUE
"ÉRASE OTRA VEZ UN BOSQUE" é un conto que trata o tema da diversidade e da convivencia pacifica, a través dunha historia e unhas ilustracións sinxelas.
Nas aulas de infantil realizamos un mural.
Nas aulas de infantil realizamos un mural.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
