martes, 3 de abril de 2018

MONSTRUO ROSA

Traballamos a diversidade co MONSTRUO ROSA, un álbum ilustrado que conta unha sinxela historia que engancha aos pequenos. Realizamos diversas actividades a partir deste conto: debuxamos, ordenamos secuencias, traballamos cores, tamaños e formas, falamos dos sentimentos e editamos o noso propio álbum en diferentes formatos.