Mostrando entradas con la etiqueta contos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contos. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de abril de 2020

LEMBRAMOS A LUIS SEPÚLVEDA

Pouco antes do confinamento coñecimos a Luis Sepúlveda, o escritor autor de "Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar". Foi a partir da noticia do seu contaxio por coronavirus que empezamos a falar deste autor. Lamentablemente onte faleceu. Como homenaxe podemos ver esta fermosa animación sobre o seu libro e despois  facer as Actividades lim do conto.

lunes, 27 de enero de 2020

OUTONO CO GRÚFALO

No Samaín presentamos un dos nosos monstros favoritos: o Grúfalo. Gustounos tanto que fixemos un montón de traballos relacionados con este personaxe nos obradoiros de Contos, Arte e Tics. Preme nos iconos deste cartaz para acceder aos enlaces.

lunes, 11 de noviembre de 2019

ÉRASE OUTRA VEZ UN BOSQUE

"ÉRASE OTRA VEZ UN BOSQUE" é un conto que trata o tema da diversidade e da convivencia pacifica, a través dunha historia e unhas ilustracións sinxelas.
Nas aulas de infantil realizamos un mural.

martes, 3 de abril de 2018

MONSTRUO ROSA

Traballamos a diversidade co MONSTRUO ROSA, un álbum ilustrado que conta unha sinxela historia que engancha aos pequenos. Realizamos diversas actividades a partir deste conto: debuxamos, ordenamos secuencias, traballamos cores, tamaños e formas, falamos dos sentimentos e editamos o noso propio álbum en diferentes formatos.

viernes, 24 de abril de 2015

ACTIVIDADES CO MONSTRO DAS CORES

O monstro das cores non sabe o que lle pasa. 
Está feito un lío coas súas emocións e a súa amiga axúdalle a identificalas e separalas en diferentes cores para entender o que lle pasa.
Un conto de Anna Lemas co que iniciarnos na linguaxe emocional.
O personaxe protagonista espertou o interese de nenos e nenas polas diferentes emocións (ledicia, tristeza, medo, calma, rabia e amor) e foi o punto de partida de diferentes actividades coas que reflexionamos sobre os nosos sentimentos.

miércoles, 11 de marzo de 2015

miércoles, 16 de octubre de 2013

SERIES

Este simbaloo recompila algunhas series de debuxos que gustan aos máis pequenos. 

martes, 8 de octubre de 2013

A CEBRA CAMILA

Alí no cabo do mundo,no pais onde da a volta o vento vivía unha pequena cebra chamada Camila. Como o vento era tan revirado Camila tiña que ir con moito coidado para non perder o seu vestido ... 

miércoles, 1 de mayo de 2013

ROJO, AZUL Y UN POCO DE AMARILLO


ROJO, AZUL Y UN POCO DE AMARILLO, de Bjorn Sortland e Lars Elling.
O tío de Oda traballa nun Museo. Un día vai con él ao seu traballo …
Un álbum no que descobrimos algún dos artistas e as obras máis destacadas do arte moderno: Picasso, Van Gogh, Matisse, Mondrián, Dalí, Pollock, … 


miércoles, 11 de abril de 2012

HANS CRHISTIAN ANDERSEN

Sabedes que teñen en común O parruliño feo, O soldadiño de chumbo, A princesa e o chícharo, O moneco de neve, ou A vendedora de mistos?
Pois que todos eles foron escritos por Hans Crhistian Andersen, o escritor que naceu en Dinamarca no ano 1805.
Tódolos anos o 2 de abril, día do seu nacemento, en homenaxe a este autor celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, .

Nesta animación podemos coñecer algúns detalles da súa vida e da súa obra.


E neste libro lim podemos realizar actividades relacionadas co autor e os seus contos.

domingo, 15 de enero de 2012

UNHA CASA MOI ESPECIAL

En Vía dei Matti había unha casa moi especial: non tiña teito, nin pavimento no chan, non tiña cociña, nin baño, ... Un álbum ilustrado con música, que podemos ver e escoitar na súa versión orixinal (e que xa coñeciamos na versión en portugués).
UNHA CASA EN VIA DEI MATTI on PhotoPeach

domingo, 4 de diciembre de 2011

O GRÚFALO


Un conto de Julia Donaldson e Axel Scheffler que conta a historia dun rato, pequeno pero moi astuto, que consegue librarse dos depredadores inventándose unha cita cun terrorífico animal de ollos laranxas, língua negra, afilados colmillos, grandes garras e púas moradas. O que non imaxina é que ese monstro existe realmente e que se atoparán no bosque ...
Podemos ver o conto:


Na páxina oficial atopamos diversas actividades e xogos.