Mostrando entradas con la etiqueta animais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta animais. Mostrar todas las entradas

jueves, 2 de octubre de 2014

PLATERO

Preme nesta imaxe para acceder á páx. oficial do centenario de Platero

En 2014 commemórase o centenario da publicación de "Platero y yo" . Esta obra escrita por Juan Ramón Jiménez convertiuse nun referente de literatura en moitas escolas de todo o mundo.
Nas aulas de infantil achegámonos a este entrañable e tenro personaxe casi por casualidade, a partir da descrición dun burriño de peluche, que este curso comezou a formar parte das nosas mascotas.

Esta animación preséntanos a Platero.(Preme na imaxe).

lunes, 23 de mayo de 2011

ANIMAIS DO ZOO

LEÓNS

O león é un dos animais que vimos no zoo que máis nos impresionou: o seu forte corpo, o seu ruxido, o seu pelo, ...
Estes son algúns dos debuxos de leóns (e algún que outro animal) que fixeron na aula de 3 anos:

lunes, 2 de mayo de 2011

LIBRO DAS GALIÑAS

Un libro con ditos, refráns e cancións ilustrado por nenos e nenas de 4º de infantil.
Preme na portada para ver o libro.

viernes, 15 de abril de 2011

DO OVO Á GALIÑA

Comezamos comendo un ovo de chocolate e iniciamos un proxecto sobre os ovos e as galiñas.

domingo, 10 de abril de 2011

POLO PEPE

pollopepe.jpgOutro conto de pitos.
Polo Pepe é un conto que encanta aos máis cativos, especialmente se acompañamos a súa lectura coa canción de Mamá Cabra.
Premendo na imaxe podemos escoitar esta canción e ver unha actividades escolar a partir do conto.

COCORICO




cocorico_cast.jpg

O pitiño Cocorico quere que mamá Galiña lle faga un biscoito. Pero cando vai buscar leña para encender o lume aparece o Gato Pelado, que maúlla tres veces por cada bocado e tamén quere comer o biscoito.
Un conto escrito por Marisa Núñez e ilustrado por Helga Bansch.


Preme na imaxe e verás un video do conto cantado por Almudena Janeiro.

lunes, 14 de febrero de 2011

ROJO CORAZÓN

Rojo corazón
"Sobre la mesa de la cocina están el queso y el membrillo, el pan amasado y un lindo limón amarillo. Allí está también un huevo con un rojo corazón, inquieto y soñador".
Qué pasará cando a señora Josefina se poña a cociñar?
Unha historia escrita en verso por Saúl Schkolnik e iIlustrada por Víctor Hugo Riveros, de Ediciones Ekaré. Ideal para ler aos máis cativos.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

LA GALLINA COCORINA

Cocorina é unha galiña simpática e agarimosa, pero tamén torpe e despistada. Os seus tres pitiños sufren as consecuencias dos seus depistes e o rumor de que non os atende ben se extende pola granxa. Un delicioso conto en verso, axeitado para aprender a aceptar os defectos dos que nos rodean e a ignorar os rumores.
Un conto de Mar Pavón e Marta Carretero, editado por Cuento de Luz.

lunes, 15 de febrero de 2010

CAMALEÓN CAMALEÓNICO



69331.jpg


A vida do camaleón discurría normalmente ata que foi ao ZOO. Alí, cada vez que miraba un animal desexaba ter algo del: unhas patas como as do flamenco, un caparazón como o da tartaruga, unha trompa coma a do elefante, ...




Esta é unha versión do conto de Eric Carle realizada por Mela Rodríguez coa pizarra dixital.

lunes, 11 de enero de 2010

THE ELEPHANT SONG

Esta simpática canción de Eric Herman seguro que nos inspirará para crear animais con anacos de papel.

domingo, 2 de agosto de 2009