domingo, 24 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

Kerity, la casa de los cuentos é unha preciosa película de animación para celebrar esta data.
O protagonista desta historia é un neno a quen súa tía deixa os libros da súa extensa biblioteca en herdanza.
Pero os libros están en perigo e o neno convertirase nun auténtico heroe que os salvará da súa
desaparición.

domingo, 3 de abril de 2016

PLANEANDO O XARDÍN

Comezamos a traballar nun novo proxecto sobre as plantas.
Recompilando material relacionado co tema atopamos esta páxina con recursos para crear un xardín.

A finais do mes de marzo tivemos unha sesión de plantación no xardín da escola.
Máis recursos neste padlet: