viernes, 16 de diciembre de 2011

domingo, 4 de diciembre de 2011

O GRÚFALO


Un conto de Julia Donaldson e Axel Scheffler que conta a historia dun rato, pequeno pero moi astuto, que consegue librarse dos depredadores inventándose unha cita cun terrorífico animal de ollos laranxas, língua negra, afilados colmillos, grandes garras e púas moradas. O que non imaxina é que ese monstro existe realmente e que se atoparán no bosque ...
Podemos ver o conto:


Na páxina oficial atopamos diversas actividades e xogos.

ACTIVIDADES CO GRÚFALO

miércoles, 26 de octubre de 2011

ACTIVIDADES E RECURSOS PARA O SAMAIN

Preme en cada imaxe para acceder aos enlaces seleccionados: actividades Lim, xogos en linea, videos de contos e cancións, debuxos para colorear.

domingo, 9 de octubre de 2011

CONTOS PARA EDUCAR NA DIVERSIDADE

Cada quen temos uns rasgos físicos particulares que determinan o noso aspecto.
A familia con quen nos criamos, o país onde nacemos, o lugar onde vivimos, a lingua, as tradicións, ... conforman a nosa personalidade.
Todos somos diferentes: cada persoa é única.
Educar na diversidade implica valorar as diferenzas como un elemento enriquecedor, aceptar a propia identidade e repectar aos demáis tal como son.

miércoles, 17 de agosto de 2011


Margarita, está linda la mar,
y el viento
lleva esencia sutil de azahar;
yo siento
en el alma una alondra cantar;
tu acento.
Margarita, te voy a contar
un cuento.



Así comeza este bello poema do poeta nicaragüense Rubén Darío
Sleepyslaps  edita este álbum ilustrado por María José Olavarría.


Margarita é o título deste corto de animación creado por Hampa Studio e dirixido por Álex Cervantes, inspirado no poema de Rubén Darío.

MARGARITA from HAMPA STUDIO on Vimeo.

Nesta curtametraxe podemos ver outra versión e escoitar o poema orixinal.

viernes, 8 de julio de 2011

CAMBIO DE ENDEREZO

Debido ao peche de nireblog (plataforma onde estaba aloxado este blog) a partires de hoxe o novo enderezo é o seguinte:
http://www.coleticinfantil.blogspot.com/
Ao importar o blog a esta nova plataforma experimentou algúns cambios e desaxustes que estamos tratando de correxir.

domingo, 26 de junio de 2011

ACTUACIÓN FÍN DE CURSO

Despois dos ensaios chegou o momento da actuación, primeiro para as familias e logo para os compañeiros.

A pesar do novedoso da situación (bailar nun escenario, presenza de público, ...), o que provocou algún que outro despiste, fixérono moi ben.

Xa sabedes ... a seguir bailando durante as vacacións!

ACTUACIÓN FIN DE CURSO on PhotoPeach

martes, 14 de junio de 2011

INDO EU PARA VISEU

"Indo eu para Viseu" é unha canción tradicional portuguesa que descobrimos no libro Na punta do pé de Pesdelán, editado pola editoria Kalandraka (conten un CD e un DVD para aprender cancións e bailes da cultura tradicional galega e portuguesa).
Podemos escoitar a canción:


caminho-de-viseu.png

lunes, 6 de junio de 2011

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Para commemorar o Día do Medio Ambiente podemos ver algunhas animacións e contos sobre o cambio climático e o deterioro da capa de ozono e realizar as actividades propostas nestes enlaces:
El viaje de Kirima: conto, fichas para imprimir, xogos en liña.

kirima.png





O ENVASE CHURRUSQUEIRO: conto para ler en liña ou imprimir e realizalo en papel (pódese facer un conto colectivo entre toda a clase).Este conto de Sogama trata de concienciar sobre a reciclaxe de envases:

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

lunes, 23 de mayo de 2011

ANIMAIS DO ZOO

LEÓNS

O león é un dos animais que vimos no zoo que máis nos impresionou: o seu forte corpo, o seu ruxido, o seu pelo, ...
Estes son algúns dos debuxos de leóns (e algún que outro animal) que fixeron na aula de 3 anos:

lunes, 2 de mayo de 2011

LIBRO DAS GALIÑAS

Un libro con ditos, refráns e cancións ilustrado por nenos e nenas de 4º de infantil.
Preme na portada para ver o libro.

viernes, 22 de abril de 2011

OVOS DE PÁSCOA

Neste smilebox recollemos imaxes dun taller de pintura utilizando diferentes técnicas.
Click to play this Smilebox greeting
Create your own greeting - Powered by Smilebox
This free greeting generated with Smilebox

Un xogo para decorar ovos virtuais.

xogopascoa.png

viernes, 15 de abril de 2011

DO OVO Á GALIÑA

Comezamos comendo un ovo de chocolate e iniciamos un proxecto sobre os ovos e as galiñas.

domingo, 10 de abril de 2011

POLO PEPE

pollopepe.jpgOutro conto de pitos.
Polo Pepe é un conto que encanta aos máis cativos, especialmente se acompañamos a súa lectura coa canción de Mamá Cabra.
Premendo na imaxe podemos escoitar esta canción e ver unha actividades escolar a partir do conto.

COCORICO




cocorico_cast.jpg

O pitiño Cocorico quere que mamá Galiña lle faga un biscoito. Pero cando vai buscar leña para encender o lume aparece o Gato Pelado, que maúlla tres veces por cada bocado e tamén quere comer o biscoito.
Un conto escrito por Marisa Núñez e ilustrado por Helga Bansch.


Preme na imaxe e verás un video do conto cantado por Almudena Janeiro.

sábado, 2 de abril de 2011

O CARACOL SERAFÍN

caracolserafin.png

Seguimos a traballar sobre os bichiños: abellas, formigas, xoaniñas, bolboretas, caracois, ...
Premendo na imaxe podemos ver o conto do Caracol Serafín e acceder a diversos xogos relacionados con el.

domingo, 20 de marzo de 2011

CONTOS NO BOSQUE

O bosque é o escenario de moitos contos.
Non podemos pensar na Carapuchiña,o lobo, os porquiños ou os sete cabritos sen situalos nun bosque.Este libro Lim podemos relizar algunhas actividades para o desenvolvemento da atención , a memoria, a asociación de imaxes, sons e palabras, a partir de algúns dos contos que suceden no bosque.


sábado, 19 de marzo de 2011

viernes, 4 de marzo de 2011

CANCIÓN DA ABELLIÑA

Canción da abelliña, da brasileña Cristina Mel, para cantar e bailar as abelliñas das nosas aulas.

domingo, 27 de febrero de 2011

A VIDA DAS ABELLAS

A VIDA DAS ABELLAS

View more presentations or Upload your own.

Recollemos o aprendido nun libro de aula:
Coñecemos aspectos da vida das abellas e recollemos o aprendido no  noso libro das abellas.

lunes, 14 de febrero de 2011

ROJO CORAZÓN

Rojo corazón
"Sobre la mesa de la cocina están el queso y el membrillo, el pan amasado y un lindo limón amarillo. Allí está también un huevo con un rojo corazón, inquieto y soñador".
Qué pasará cando a señora Josefina se poña a cociñar?
Unha historia escrita en verso por Saúl Schkolnik e iIlustrada por Víctor Hugo Riveros, de Ediciones Ekaré. Ideal para ler aos máis cativos.

lunes, 7 de febrero de 2011

O BOSQUE DOS PAXAROS

O conto "Érase otra vez un bosque" inspirounos para facer diversos traballos.
Na aula de 3 anos fixemos un mural colectivo para contar esta fermosa historia.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a picture slideshow

miércoles, 26 de enero de 2011

ÉRASE OTRA VEZ EL BOSQUE

erase-otra-vez-el-bosque.jpg
Un libro ilustrado, colorido e minimalista,que presenta o tema da exclusión social e a intolerancia ante os que son diferentes.

miércoles, 19 de enero de 2011

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ

wangar1.JPG

Esta é unha historia basada na vida da activista keniata Wangari Maathai, quen fundou o Movimento do Cintúrón Verde para evitar a deforestación da súa comunidade. Wangari foi a primeira muller africana que recibiu o premio Nobel da Paz. Preme no conto e poderás velo nunha presentación slide.

lunes, 10 de enero de 2011

2011 ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES

Os bosques son espazos nos que hai moitas árbores e son impescindibles para a vida porque neles viven multitude de animais, axudan a controlar a auga, conservan o solo e a atmósfera e suministran un montón de productos útiles para a vida.
Aprendamos a coidar e respectar o bosque!


losarbolesonfabullosos.png