viernes, 24 de diciembre de 2010

domingo, 19 de diciembre de 2010

MARTIÑO

Martiño escribiulle unha carta aos Reis Magos. Pediulles un tren cunha locomotora e tres vagóns: un vermello, outro azul e o outro amarelo. A noite de Reis foise cedo para cama porque "os reis non entran nas casas onde os nenos e as nenas non están durmindo", pero tivo ganas de facer pis e ...

Conto de Chema Heras e Kiko Dasilva, editado por Kalandraka.

Click to play this Smilebox greeting
Create your own greeting - Powered by Smilebox
Create a digital ecard

jueves, 16 de diciembre de 2010

O APALPADOR

Video do conto O Apalpador, de Lúa Sende e Alexandre Miguens, ilustrado por Leandro Lamas


o apalpador from Maria on Vimeo.

lunes, 13 de diciembre de 2010

lunes, 6 de diciembre de 2010

EL JUEGO DE LOS CUENTOS




juego-cuentos.png

Nesta páxina podemos escoitar algúns contos clásicos como Os tres porquiños, Os tres osos e Carapuchiña e despois realizar as actividades propostas para cada un deles.

domingo, 5 de diciembre de 2010

CUENTOS Y LEYENDAS

cuentos-y-leyendas2.png

Preme na imaxe e terás acceso á páxina Cuentos y leyendas ilustrados por niños, con diferentes actividades interactivas.

jueves, 2 de diciembre de 2010

miércoles, 1 de diciembre de 2010

LA GALLINA COCORINA

Cocorina é unha galiña simpática e agarimosa, pero tamén torpe e despistada. Os seus tres pitiños sufren as consecuencias dos seus depistes e o rumor de que non os atende ben se extende pola granxa. Un delicioso conto en verso, axeitado para aprender a aceptar os defectos dos que nos rodean e a ignorar os rumores.
Un conto de Mar Pavón e Marta Carretero, editado por Cuento de Luz.

jueves, 25 de noviembre de 2010

EL MONSTRUO QUE SE COMIÓ LA OSCURIDAD

monstruo.jpg
Lorenzo non pode durmir. Ten medo a oscuridade.

 Pensa que debaixo da súa cama pode haber un monstro.

Un conto de Jimmy Liao e Joyce Dunbar, que tranquiliza os medos nocturnos.

Preme na imaxe e poderás ver o conto na páxina da Editora Bárbara Fiore.

domingo, 21 de noviembre de 2010

GATO GUILLE E OS MONSTROS

Gato Guille xoga no seu cuarto cando, de súpeto, escoita uns ruidos estranos. Ten medo e busca a súa nai.

Rocío Martín é a autora deste álbum ilustrado, editado por Kalandraka.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own free photo slideshow

sábado, 20 de noviembre de 2010

CORRE, CORRE CABACIÑA

"Corre corre, cabaciña" é un conto popular portugués. Conta a historia dunha velliña que vai a voda da súa neta.

Polo camiño atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer.

A versión editada por Oqo editora está escrita por Eva Mejuto e ilustrada por André Letria. Canción de Almudena Janeiro(Contos en cantos).

miércoles, 3 de noviembre de 2010

OMMMM

Este video presenta algunhas posturas de yoga para aprender a relaxarnos.

Empezamos a practicar?

lunes, 25 de octubre de 2010

TALA A TÚA CABAZA

Preme na imaxe e poderás vaciar a cabaza ao teu gusto.



sin-titulo.png


E agora escoita a canción dos esqueletos, moi apropiada para estas datas.


miércoles, 20 de octubre de 2010

O OUTONO

Coa chegada do outono recollemos froitos  e outros elementos típicos desta estación. Levámolos á escola para facer unha exposición.

Os protagonistas desta historia van recoller foitos de outono ao bosque.

ELMER

contenido_283248.jpg

Un conto que traballamos na aula, escrito e ilustrado por David Mcknee.
Elmer apareceu por primeira vez en 1968, pero a fama mundial non lle chegou ata o ano 1989 e, dende entón, este particular elefante protagoniza máis dunha ducia de contos que relatan as súas aventuras.
Podemos ver unha animación do conto en inglés e subtitulado en castelán.


jueves, 14 de octubre de 2010

¡¡OLÉ SARDINA!!

"¡¡Ole sardina!!"dos autores Javier Fonseca, Issa Gallego e José Miguel Garzón. Publicado pola editorial Sieteleguas Ediciones. Voces de Israel Fernández e Estrella Morente.

lunes, 6 de septiembre de 2010

999 HERMANAS RANAS

999 ranas

 Unha numerosa familia de pequenas rás que, ao medrar, deciden ir en busca dunha charca máis grande.

Ken Kimura,Yasunari Murakami. Bárbara Fiori Editora.

SÉ MUCHAS COSAS

Un conto que fai reflexionar aos máis pequenos sobre as cousas que poden aprender do mundo que lles rodea. Texto de Ann Rand e ilustracións de Paul Rand, editado por Bárbara Fiore Editora.
SÉ MUCHAS COSAS

sábado, 3 de julio de 2010

EL PRINCIPITO

EL ÁRBOL ROJO

"Ás veces o día empeza baleiro de esperanzas... ". Pero ao final esas folliñas vermellas que sempre están aí,aínda que non nos decatemos, convértense nunha brillante árbore vermella, nunha nova ilusión."
Álbum creado e ilustrado por Shaun Tan.


viernes, 28 de mayo de 2010

ÁRBORES E FLORES

Curtometraxe producida por Walt Disney en 1932, que gañou o primeiro oscar a unha curtametraxe de animación.

lunes, 10 de mayo de 2010

UN PEIXE CUN SORRISO

Esta historia, que narra a relación entre un home e un peixe, é un canto á liberdade de tódolos seres vivos.
Baseado nun conto de Jimmy Liao e dirixido por Jay Shih, Alan I. Tuan e Poliang Lin gañou un premio especial no festival de Berlín de 2006.


jueves, 6 de mayo de 2010

martes, 13 de abril de 2010

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA

Á luz da lúa, un ovo diminuto repousaba sobre unha folla. Un domingo pola mañá, cando o sol comezaba a quentar do o vo saíu unha eiruga pequerrecha e moi larpeira. Como tiña fame buscou algo para comer...

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA

Podemos ver unha animación deste conto de Eric Carle en versión orixinal se prememos na imaxe e unha versión realizada por Belén Junquera para o EDI.

lunes, 12 de abril de 2010

miércoles, 24 de marzo de 2010

O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS

A Enrique gustábanlle os libros,pero non coma a tí e a min.
Todo empezou un día que estaba distraido ...


domingo, 14 de marzo de 2010

A QUE SABE A LÚA?

A que sabe a lúa?

Os animais querían saber a que sabía a lúa, así que tramaron un plan para chegar ata ela...

Conseguirán a tartaruga, o elefante, o león, a cebra, a xirafaraposo e o rato descubrir a qué sabe a lúa?


Un conto editado por Kalandraka.




VERSIÓN animada elaborada por Lara Lavandeira Murillo

lunes, 15 de febrero de 2010

CAMALEÓN CAMALEÓNICO



69331.jpg


A vida do camaleón discurría normalmente ata que foi ao ZOO. Alí, cada vez que miraba un animal desexaba ter algo del: unhas patas como as do flamenco, un caparazón como o da tartaruga, unha trompa coma a do elefante, ...




Esta é unha versión do conto de Eric Carle realizada por Mela Rodríguez coa pizarra dixital.

martes, 2 de febrero de 2010

viernes, 22 de enero de 2010

FERDINANDO EL TORO

Divertido conto, ambientado en España (foi escrito en 1936, ano do comezo da guerra civil española) que é símbolo do pacifismo e a non violencia no ámbito da literatura infantil.

PEQUENO AZUL, PEQUENO AMARELO

Un fermosísimo conto de Leo Lionni (texto e ilustracións), editado pola editorial kalandraka. Atopámolo na rede en formato slideboom adaptado a PowerPoint por Isabel Aquino.

jueves, 21 de enero de 2010

lunes, 11 de enero de 2010

THE ELEPHANT SONG

Esta simpática canción de Eric Herman seguro que nos inspirará para crear animais con anacos de papel.