domingo, 16 de diciembre de 2012

RECURSOS NADAL

Recompilación de recursos para traballar no Nadal: xogos, contos, manualidades,...

viernes, 5 de octubre de 2012

ABECEDARIOS CON RITMO

Cancións para aprender o alfabeto .

martes, 26 de junio de 2012

ARTE NA AULA



Remata o curso e levamos a casa os traballos realizados durante este trimestre:


lunes, 25 de junio de 2012

ÁLBUM DO CURSO 2011-2012

Este álbum recolle actividades, eventos e proxectos que realizamos ao longo do curso 2011-2012.

O PRIMEIRO ANO NA ESCOLA

Aqui vos deixo o album do curso 2010-2011, o ano que iniciamos a escolaridade, no que podemos lembrar algunhas das experiencias vividas na escola.

miércoles, 23 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS

Celebramos o Día das Letras Galegas coñecendo a algúns dos autores homenaxeados nesta data, achegándonos á poesía dende a música.

miércoles, 11 de abril de 2012

HANS CRHISTIAN ANDERSEN

Sabedes que teñen en común O parruliño feo, O soldadiño de chumbo, A princesa e o chícharo, O moneco de neve, ou A vendedora de mistos?
Pois que todos eles foron escritos por Hans Crhistian Andersen, o escritor que naceu en Dinamarca no ano 1805.
Tódolos anos o 2 de abril, día do seu nacemento, en homenaxe a este autor celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, .

Nesta animación podemos coñecer algúns detalles da súa vida e da súa obra.


E neste libro lim podemos realizar actividades relacionadas co autor e os seus contos.

jueves, 23 de febrero de 2012

GATOS E GAIVOTAS

A "Historia dunha gaivota e do gato que lle ensinou a voar" espertou o noso interese polo mundo dos gatos e das gaivotas: cancións, contos, refráns, ditos, adiviñas, ... 
Aquí podemos ver unha selección de cancións:


lunes, 23 de enero de 2012

domingo, 15 de enero de 2012

UNHA CASA MOI ESPECIAL

En Vía dei Matti había unha casa moi especial: non tiña teito, nin pavimento no chan, non tiña cociña, nin baño, ... Un álbum ilustrado con música, que podemos ver e escoitar na súa versión orixinal (e que xa coñeciamos na versión en portugués).
UNHA CASA EN VIA DEI MATTI on PhotoPeach

viernes, 6 de enero de 2012

DECORA O REGALO

Recibichedes algún regalo este nadal?
A preparación e presentación dos paquetes é unha parte importante na maxia e a emoción que nos producen os regalos.
Preme na imaxe para decorar un regalo.