Mostrando entradas con la etiqueta cancións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cancións. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de junio de 2020

DÍA MUNDIAL DOS OCEÁNOS

O 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos para lembrarnos  a súa importancia , xa que representan os pulmóns do planeta.
La ballena llena é un conto  de  Paloma Gajate
que fala sobre o problema da contaminación de plásticos no mar.
Canción de Damián Peña Steffen  baseada no conto. Tamén podemos ver outra versión para concienciar sobre la contaminación das máscaras en La ballena llena en tiempos del coronavirus

viernes, 27 de junio de 2014

BAILE DE FIN DE CURSO

Para despedir o curso preparamos un baile coa música de "O XOGO DA CARRRASQUIÑA". Neste video podemos ver aos pequenos durante un ensaio do baile.
O día da actuación para as familias,antes sair ao escenario:

viernes, 5 de octubre de 2012

ABECEDARIOS CON RITMO

Cancións para aprender o alfabeto .

jueves, 23 de febrero de 2012

GATOS E GAIVOTAS

A "Historia dunha gaivota e do gato que lle ensinou a voar" espertou o noso interese polo mundo dos gatos e das gaivotas: cancións, contos, refráns, ditos, adiviñas, ... 
Aquí podemos ver unha selección de cancións:


domingo, 15 de enero de 2012

UNHA CASA MOI ESPECIAL

En Vía dei Matti había unha casa moi especial: non tiña teito, nin pavimento no chan, non tiña cociña, nin baño, ... Un álbum ilustrado con música, que podemos ver e escoitar na súa versión orixinal (e que xa coñeciamos na versión en portugués).
UNHA CASA EN VIA DEI MATTI on PhotoPeach

martes, 14 de junio de 2011

INDO EU PARA VISEU

"Indo eu para Viseu" é unha canción tradicional portuguesa que descobrimos no libro Na punta do pé de Pesdelán, editado pola editoria Kalandraka (conten un CD e un DVD para aprender cancións e bailes da cultura tradicional galega e portuguesa).
Podemos escoitar a canción:


caminho-de-viseu.png

domingo, 10 de abril de 2011

POLO PEPE

pollopepe.jpgOutro conto de pitos.
Polo Pepe é un conto que encanta aos máis cativos, especialmente se acompañamos a súa lectura coa canción de Mamá Cabra.
Premendo na imaxe podemos escoitar esta canción e ver unha actividades escolar a partir do conto.

COCORICO




cocorico_cast.jpg

O pitiño Cocorico quere que mamá Galiña lle faga un biscoito. Pero cando vai buscar leña para encender o lume aparece o Gato Pelado, que maúlla tres veces por cada bocado e tamén quere comer o biscoito.
Un conto escrito por Marisa Núñez e ilustrado por Helga Bansch.


Preme na imaxe e verás un video do conto cantado por Almudena Janeiro.

viernes, 4 de marzo de 2011

CANCIÓN DA ABELLIÑA

Canción da abelliña, da brasileña Cristina Mel, para cantar e bailar as abelliñas das nosas aulas.

sábado, 20 de noviembre de 2010

CORRE, CORRE CABACIÑA

"Corre corre, cabaciña" é un conto popular portugués. Conta a historia dunha velliña que vai a voda da súa neta.

Polo camiño atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer.

A versión editada por Oqo editora está escrita por Eva Mejuto e ilustrada por André Letria. Canción de Almudena Janeiro(Contos en cantos).

miércoles, 20 de octubre de 2010

O OUTONO

Coa chegada do outono recollemos froitos  e outros elementos típicos desta estación. Levámolos á escola para facer unha exposición.

Os protagonistas desta historia van recoller foitos de outono ao bosque.

martes, 2 de febrero de 2010

lunes, 11 de enero de 2010

THE ELEPHANT SONG

Esta simpática canción de Eric Herman seguro que nos inspirará para crear animais con anacos de papel.

lunes, 31 de agosto de 2009

CHOCOLATA



 O conto CHOCOLATA, escrito por Marisa Núñez, é un dos que forman parte do traballo de Almudena Janeiro coeditado por PAI Música coa editorial OQO, un libro CD-DVD ilustrado que mestura contos e música.








domingo, 2 de agosto de 2009

A GALINHA PINTADINHA

GALINHA PINTADINHA. Con este videoclip bailamos nas aulas de 3 anos.




ACUARELA

 Acuarela é unha fermosa canción de Toquinho que gusta moito a pequen@s e maiores. Fala sobre o transcurrir da vida.