martes, 21 de marzo de 2017

TALLER DE MARIONETAS E RECICLAXE

O venres 17 de marzo o alumnado de infantil asistiu a un taller impartido por María Aranguren, bióloga da Universidade de Vigo. A actividade, que consistiu nun espectáculo de marionetas (peixes, placton e o monstro Plasticator foron os protagonistas da historia), sensibilizou aos máis pequenos acerca da necesidade de reducir, reutilizar e reciclar plásticos e fíxonos reflexionar a todos sobre os danos que os residuos plásticos poden causar aos animais mariños.

jueves, 29 de diciembre de 2016

THE SNOWMAN

The snowman é un conto do autor inglés Raymond Briggs, publicado orixinalmente en formato de álbum ilustrado e máis tarde en formato de animación.

miércoles, 15 de junio de 2016

PASTA DE SAL

Facemos masa de sal e elaboramos pan e biscoitos para xogar no recanto da cociña.

martes, 10 de mayo de 2016

OS "SOÑOS NA GAIOLA" DE MANUEL MARÍA

Achegámonos a obra de Manuel María cos poemas recollidos no seu libro "Soños na gaiola", un paseo poético pola infancia do autor. Neste mural interactivo podemos acceder aos poemas premendo en cada icona.

domingo, 24 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

Kerity, la casa de los cuentos é unha preciosa película de animación para celebrar esta data.
O protagonista desta historia é un neno a quen súa tía deixa os libros da súa extensa biblioteca en herdanza.
Pero os libros están en perigo e o neno convertirase nun auténtico heroe que os salvará da súa
desaparición.