Mostrando entradas con la etiqueta proxectos aula. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxectos aula. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de noviembre de 2015

OS CASTELOS

Comezamos un proxecto sobre os castelos. Neste simbaloo podemos acceder a unha pequena selección de recursos dixitais para achegarmos ao mundo dos castelos, aos seus personaxes e á vida na época medieval.

jueves, 2 de octubre de 2014

PLATERO

Preme nesta imaxe para acceder á páx. oficial do centenario de Platero

En 2014 commemórase o centenario da publicación de "Platero y yo" . Esta obra escrita por Juan Ramón Jiménez convertiuse nun referente de literatura en moitas escolas de todo o mundo.
Nas aulas de infantil achegámonos a este entrañable e tenro personaxe casi por casualidade, a partir da descrición dun burriño de peluche, que este curso comezou a formar parte das nosas mascotas.

Esta animación preséntanos a Platero.(Preme na imaxe).

martes, 13 de mayo de 2014

A PEQUENA EIRUGA LARPEIRA

"UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA" é un álbum ilustrado de Eric Carle co que iniciamos un pequeno proxecto despois de traer á aula vermes de seda e observar o proceso de crecemento e metamorfosis da bolboreta.
O conto permite traballar os alimentos, os números, os días da semán, ...

RECURSOS EN LIÑA


Gloster con recursos para traballar o conto "A pequena eiruga larpeira".

miércoles, 5 de marzo de 2014

SOMOS TROGLODITAS

Somos trogloditas! Preparamos o disfraz para o entroido. Aquí están as imaxes do ensaio e o desfile que, ao final, poidemos realizar. TROGLODITAS on PhotoPeach

martes, 5 de noviembre de 2013

martes, 29 de octubre de 2013

CARACOIS

Despois de traballar co conto "A cebra Camila", os nenos e nenas de 3 anos sentiron curiosidade polos caracois (como se desprazan, que comen, onde viven, ...). Así que un día levamos a aula uns caracois para observalos e sacar conclusións ...




MOV00590 from Rosa Riolam on Vimeo.

miércoles, 29 de mayo de 2013

TRABALLOS DE ARTE

Achegámonos ao mundo do arte a través da obra de pintores como Diego Velazquez,Paul Klee, Gustav Klimt, Giuseppe Arcimboldo, Vincent Van Gogh,... Reinterpretamos algunhas das súas obras e creamos outras empleando diferentes técnicas: témperas, acuarelas, colaxe, plastilina, etc.



  PREME AQUÍ PARA VER OS NOSOS AUTORRETRATOS AO ESTILO ARCIMBOLDO

lunes, 25 de junio de 2012

ÁLBUM DO CURSO 2011-2012

Este álbum recolle actividades, eventos e proxectos que realizamos ao longo do curso 2011-2012.

O PRIMEIRO ANO NA ESCOLA

Aqui vos deixo o album do curso 2010-2011, o ano que iniciamos a escolaridade, no que podemos lembrar algunhas das experiencias vividas na escola.

lunes, 23 de mayo de 2011

LEÓNS

O león é un dos animais que vimos no zoo que máis nos impresionou: o seu forte corpo, o seu ruxido, o seu pelo, ...
Estes son algúns dos debuxos de leóns (e algún que outro animal) que fixeron na aula de 3 anos:

lunes, 2 de mayo de 2011

LIBRO DAS GALIÑAS

Un libro con ditos, refráns e cancións ilustrado por nenos e nenas de 4º de infantil.
Preme na portada para ver o libro.

domingo, 27 de febrero de 2011

A VIDA DAS ABELLAS

A VIDA DAS ABELLAS

View more presentations or Upload your own.

Recollemos o aprendido nun libro de aula:
Coñecemos aspectos da vida das abellas e recollemos o aprendido no  noso libro das abellas.

lunes, 7 de febrero de 2011

O BOSQUE DOS PAXAROS

O conto "Érase otra vez un bosque" inspirounos para facer diversos traballos.
Na aula de 3 anos fixemos un mural colectivo para contar esta fermosa historia.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a picture slideshow