Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas. Mostrar todas las entradas

lunes, 1 de marzo de 2021

DÍA DE ROSALÍA

 O 24 de febreiro, data do nacemento de Rosalía de Castro, celébrase o Día de Rosalía, unha figura emblemática da cultura galega. Todos os anos a Asociación de escritores e escritoras en língua galega fan propostas para conmemorar este día nos centros educativos. a proposta deste ano é "Doces cantares". O alumnado de infantil aprendeu uns versos dun poema cantado polo grupo Lelly Kelly.


lunes, 29 de mayo de 2017

AS NOSAS GALIÑAS AZUIS

Coñecemos a Carlos Casares a través do conto "A GALIÑA AZUL". Publicado en 1968, foi unha das primeiras obras editadas en galego para público miúdo. Neste conto o autor transmite un mensaxe contra a intolerancia. Os nenos e nenas de educación infantil fixeron galiñas azuis con diferentes técnicas e  materiais.

martes, 10 de mayo de 2016

OS "SOÑOS NA GAIOLA" DE MANUEL MARÍA

Achegámonos a obra de Manuel María cos poemas recollidos no seu libro "Soños na gaiola", un paseo poético pola infancia do autor. Neste mural interactivo podemos acceder aos poemas premendo en cada icona.