miércoles, 21 de febrero de 2018

MÁSCARAS

Durante o mes de febreiro traballamos o entroido elaborando máscaras con materiais de reciclaxe.

miércoles, 14 de febrero de 2018

ENTROIDO 2018

Os contos no cine foi o tema do Entroido. Os contos eleixidos para representar no disfraz foron O flautista de Hamelim, Alicia no pais das maravillas, Peter Pan e Os Picapedra.

lunes, 29 de mayo de 2017

AS NOSAS GALIÑAS AZUIS

Coñecemos a Carlos Casares a través do conto "A GALIÑA AZUL". Publicado en 1968, foi unha das primeiras obras editadas en galego para público miúdo. Neste conto o autor transmite un mensaxe contra a intolerancia. Os nenos e nenas de educación infantil fixeron galiñas azuis con diferentes técnicas e  materiais.

martes, 21 de marzo de 2017

TALLER DE MARIONETAS E RECICLAXE

O venres 17 de marzo o alumnado de infantil asistiu a un taller impartido por María Aranguren, bióloga da Universidade de Vigo e Guy Bobillo, de Títeres en tu Casa.
A actividade, que consistiu nun espectáculo de marionetas (peixes, placton e o monstro Plasticator foron os protagonistas da historia), sensibilizou aos máis pequenos acerca da necesidade de reducir, reutilizar e reciclar plásticos e fíxonos reflexionar a todos sobre os danos que os residuos plásticos poden causar aos animais mariños.