jueves, 23 de febrero de 2012

GATOS E GAIVOTAS

A "Historia dunha gaivota e do gato que lle ensinou a voar" espertou o noso interese polo mundo dos gatos e das gaivotas: cancións, contos, refráns, ditos, adiviñas, ... 
Aquí podemos ver unha selección de cancións:


miércoles, 15 de febrero de 2012

lunes, 23 de enero de 2012

domingo, 15 de enero de 2012

UNHA CASA MOI ESPECIAL

En Vía dei Matti había unha casa moi especial: non tiña teito, nin pavimento no chan, non tiña cociña, nin baño, ... Un álbum ilustrado con música, que podemos ver e escoitar na súa versión orixinal (e que xa coñeciamos na versión en portugués).
UNHA CASA EN VIA DEI MATTI on PhotoPeach

viernes, 6 de enero de 2012

DECORA O REGALO

Recibichedes algún regalo este nadal?
A preparación e presentación dos paquetes é unha parte importante na maxia e a emoción que nos producen os regalos.
Preme na imaxe para decorar un regalo.

viernes, 16 de diciembre de 2011

domingo, 4 de diciembre de 2011

O GRÚFALO


Un conto de Julia Donaldson e Axel Scheffler que conta a historia dun rato, pequeno pero moi astuto, que consegue librarse dos depredadores inventándose unha cita cun terrorífico animal de ollos laranxas, língua negra, afilados colmillos, grandes garras e púas moradas. O que non imaxina é que ese monstro existe realmente e que se atoparán no bosque ...
Podemos ver o conto:


Na páxina oficial atopamos diversas actividades e xogos.