miércoles, 17 de agosto de 2011


Margarita, está linda la mar,
y el viento
lleva esencia sutil de azahar;
yo siento
en el alma una alondra cantar;
tu acento.
Margarita, te voy a contar
un cuento.



Así comeza este bello poema do poeta nicaragüense Rubén Darío. 
Sleepyslaps  edita este álbum ilustrado por María José Olavarría.


Margarita é o título deste corto de animación creado por Hampa Studio e dirixido por Álex Cervantes, inspirado no poema de Rubén Darío.

MARGARITA from HAMPA STUDIO on Vimeo.

Nesta curtametraxe podemos ver outra versión e escoitar o poema orixinal.

viernes, 8 de julio de 2011

CAMBIO DE ENDEREZO

Debido ao peche de nireblog (plataforma onde estaba aloxado este blog) a partires de hoxe o novo enderezo é o seguinte:
http://www.coleticinfantil.blogspot.com/
Ao importar o blog a esta nova plataforma experimentou algúns cambios e desaxustes que estamos tratando de correxir.

domingo, 26 de junio de 2011

ACTUACIÓN FÍN DE CURSO

Despois dos ensaios chegou o momento da actuación, primeiro para as familias e logo para os compañeiros.

A pesar do novedoso da situación (bailar nun escenario, presenza de público, ...), o que provocou algún que outro despiste, fixérono moi ben.

Xa sabedes ... a seguir bailando durante as vacacións!

ACTUACIÓN FIN DE CURSO on PhotoPeach

martes, 14 de junio de 2011

INDO EU PARA VISEU

"Indo eu para Viseu" é unha canción tradicional portuguesa que descobrimos no libro Na punta do pé de Pesdelán, editado pola editoria Kalandraka (conten un CD e un DVD para aprender cancións e bailes da cultura tradicional galega e portuguesa).
Podemos escoitar a canción:


caminho-de-viseu.png

lunes, 6 de junio de 2011

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Para commemorar o Día do Medio Ambiente podemos ver algunhas animacións e contos sobre o cambio climático e o deterioro da capa de ozono e realizar as actividades propostas nestes enlaces:
El viaje de Kirima: conto, fichas para imprimir, xogos en liña.

kirima.png





O ENVASE CHURRUSQUEIRO: conto para ler en liña ou imprimir e realizalo en papel (pódese facer un conto colectivo entre toda a clase).Este conto de Sogama trata de concienciar sobre a reciclaxe de envases:

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

lunes, 23 de mayo de 2011

ANIMAIS DO ZOO

LEÓNS

O león é un dos animais que vimos no zoo que máis nos impresionou: o seu forte corpo, o seu ruxido, o seu pelo, ...
Estes son algúns dos debuxos de leóns (e algún que outro animal) que fixeron na aula de 3 anos:

lunes, 2 de mayo de 2011

LIBRO DAS GALIÑAS

Un libro con ditos, refráns e cancións ilustrado por nenos e nenas de 4º de infantil.
Preme na portada para ver o libro.

viernes, 22 de abril de 2011

OVOS DE PÁSCOA

Neste smilebox recollemos imaxes dun taller de pintura utilizando diferentes técnicas.
Click to play this Smilebox greeting
Create your own greeting - Powered by Smilebox
This free greeting generated with Smilebox

Un xogo para decorar ovos virtuais.

xogopascoa.png