miércoles, 11 de marzo de 2020

ENTROIDO 2020

O tema elixido para o Entroido 2020 foi o de "Multiculturalidade".
En Educación  infantil preparamos un proxecto sobre os nativos norteamericanos. Para o desfile de entroido confeccionamos disfraces de indias e indios.

TALLER DE RECICLAXE: CAIXAS- GRÚFALO

Facemos Grúfalos reutilizando material de refugallo (caixas de cereais ou galletas, restos de cartolinas, tapóns de plástico, etc.

lunes, 27 de enero de 2020

OUTONO CO GRÚFALO

No Samaín presentamos un dos nosos monstros favoritos: o Grúfalo. Gustounos tanto que fixemos un montón de traballos relacionados con este personaxe nos obradoiros de Contos, Arte e Tics. Preme nos iconos deste cartaz para acceder aos enlaces.

lunes, 11 de noviembre de 2019

ÉRASE OUTRA VEZ UN BOSQUE

"ÉRASE OTRA VEZ UN BOSQUE" é un conto que trata o tema da diversidade e da convivencia pacifica, a través dunha historia e unhas ilustracións sinxelas.
Nas aulas de infantil realizamos un mural.

martes, 11 de junio de 2019

XORNADA DE XOGO NO PARQUE "LA NAVE"

O venres 7 de xuño o alumnado de infantil foi a divertirse ao  parque de ocio "La Nave".
Disfrutaron moito desta xornada  de xogos.
Preme na imaxe para ver o álbum de fotos.

miércoles, 24 de abril de 2019

POESÍA ILUSTRADA

O alumnado de infantil achegouse á poesía da mán do poeta Manuel María, escoitando os seus versos e ilustrándoos. Aquí temos unha pequena mostra dos seus traballos:

lunes, 28 de enero de 2019

TIPO DE TEXTOS: CARTA DE PIZZAS

Traballamos a lectoescritura dunha maneira lúdica e significativa, elaborando pizzas con diferentes materiais (papel, plastilina, ...). Cada alumno/a elixe os seus ingredientes e diseña a súa creación. Escriben unha carta de menús de pizzas.