lunes, 25 de junio de 2018

PROXECTO A EIRUGA

O conto "Unha eiruga moi larpeira" de Eric Carle deu pé a traballar nun proxecto sobre o ciclo da volvoreta. Realizamos moitas actividades inspirándonos na obra do autor, elaboramos material para traballar en diversas áreas: artística, lóxico-matemática, lecto-escritura, educación emocional, ... Aquí unha pequena mostra dos traballos e actividades realizadas:

martes, 3 de abril de 2018

MONSTRUO ROSA

Traballamos a diversidade co MONSTRUO ROSA, un álbum ilustrado que conta unha sinxela historia que engancha aos pequenos. Realizamos diversas actividades a partir deste conto: debuxamos, ordenamos secuencias, traballamos cores, tamaños e formas, falamos dos sentimentos e editamos o noso propio álbum en diferentes formatos.

miércoles, 21 de febrero de 2018

MÁSCARAS

Durante o mes de febreiro traballamos o entroido elaborando máscaras con materiais de reciclaxe.

miércoles, 14 de febrero de 2018

ENTROIDO 2018

Os contos no cine foi o tema do Entroido. Os contos eleixidos para representar no disfraz foron O flautista de Hamelim, Alicia no pais das maravillas, Peter Pan e Os Picapedra.