martes, 16 de junio de 2015

DICIONARIO SOLIDARIO

Colaboramos coa Fundación MENIÑOS no Programa CONVIVIMOS. programando e realizando actividades para fomentar unha convivencia baseada no respecto á diversidade e na igualdade en dereitos e responsabilidades. Neste libro recollemos algunhas das atividades desenvolvidas nos cursos 2013-2014 e 2014-2015.

lunes, 8 de junio de 2015

ARCIMBOLCARAS

Como no curso anterior este ano tamén participamos no Plan Proxecta- Froita na escola. Ao longo de dúas semáns tivemos a oportunidade de comer froita (de maneira gratuita para todo o alumnado) na escola.
Aproveitamos esta circunstancia para realizar actividades con froitas, como a creación de caras, ao modo do artista Arcimboldo, coas froitas da semán.

jueves, 21 de mayo de 2015

ABELLAS

A partir dunha charla sobre as abellas e un contacontos iniciamos un pequeno proxecto sobre as abellas.

domingo, 10 de mayo de 2015

DINOSAUROS

Un álbum de cromos sobre os dinosauros espetou o interese do alumnado por estes animais prehistóricos. ANIMACIÓN

viernes, 24 de abril de 2015

ACTIVIDADES CO MONSTRO DAS CORES

O monstro das cores non sabe o que lle pasa. 
Está feito un lío coas súas emocións e a súa amiga axúdalle a identificalas e separalas en diferentes cores para entender o que lle pasa.
Un conto de Anna Lemas co que iniciarnos na linguaxe emocional.
O personaxe protagonista espertou o interese de nenos e nenas polas diferentes emocións (ledicia, tristeza, medo, calma, rabia e amor) e foi o punto de partida de diferentes actividades coas que reflexionamos sobre os nosos sentimentos.

miércoles, 11 de marzo de 2015

jueves, 5 de marzo de 2015

SEGURIDADE VIAL

Aprendemos algunhas normas básicas de seguridade vial: semáforo, señais de tráfico, paso de peóns, ... Clicando na imaxe accedemos a unha páxina da DGT con recursos para traballar este tema.