jueves, 2 de octubre de 2014

PLATERO

Preme nesta imaxe para acceder á páx. oficial do centenario de Platero

En 2014 commemórase o centenario da publicación de "Platero y yo" . Esta obra escrita por Juan Ramón Jiménez convertiuse nun referente de literatura en moitas escolas de todo o mundo.
Nas aulas de infantil achegámonos a este entrañable e tenro personaxe casi por casualidade, a partir da descrición dun burriño de peluche, que este curso comezou a formar parte das nosas mascotas.

Esta animación preséntanos a Platero.(Preme na imaxe).

miércoles, 10 de septiembre de 2014

VOLTA AO COLE

Despois das vacacións  ... VOLTA AO COLE!
Non somos os únicos, personaxes como Peppa Pig, Caillou, Teo ou as tres mellizas tamén van á escola.

viernes, 27 de junio de 2014

BAILE DE FIN DE CURSO

Para despedir o curso preparamos un baile coa música de "O XOGO DA CARRRASQUIÑA". Neste video podemos ver aos pequenos durante un ensaio do baile.
O día da actuación para as familias,antes sair ao escenario:

AINDA NADA?

Ao longo do curso fixemos plantacións de diferentes sementes: landras,castañas,cabazas, millo, xirasol,... Iniciámonos nos coidados básicos das plantas e observamos o seu proceso de crecemento en diferentes soportes (macetas, botellas, xardín).

martes, 13 de mayo de 2014

A PEQUENA EIRUGA LARPEIRA

"UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA" é un álbum ilustrado de Eric Carle co que iniciamos un pequeno proxecto despois de traer á aula vermes de seda e observar o proceso de crecemento e metamorfosis da bolboreta.
O conto permite traballar os alimentos, os números, os días da semán, ...

RECURSOS EN LIÑA


Gloster con recursos para traballar o conto "A pequena eiruga larpeira".