miércoles, 10 de septiembre de 2014

VOLTA AO COLE

Despois das vacacións  ... VOLTA AO COLE!
Non somos os únicos, personaxes como Peppa Pig, Caillou, Teo ou as tres mellizas tamén van á escola.

viernes, 27 de junio de 2014

BAILE DE FIN DE CURSO

Para despedir o curso preparamos un baile coa música de "O XOGO DA CARRRASQUIÑA". Neste video podemos ver aos pequenos durante un ensaio do baile.
O día da actuación para as familias,antes sair ao escenario:

AINDA NADA?

Ao longo do curso fixemos plantacións de diferentes sementes: landras,castañas,cabazas, millo, xirasol,... Iniciámonos nos coidados básicos das plantas e observamos o seu proceso de crecemento en diferentes soportes (macetas, botellas, xardín).

martes, 13 de mayo de 2014

A PEQUENA EIRUGA LARPEIRA

"UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA" é un álbum ilustrado de Eric Carle co que iniciamos un pequeno proxecto despois de traer á aula vermes de seda e observar o proceso de crecemento e metamorfosis da bolboreta.
O conto permite traballar os alimentos, os números, os días da semán, ...

RECURSOS EN LIÑA


Gloster con recursos para traballar o conto "A pequena eiruga larpeira".

sábado, 26 de abril de 2014

miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

Para commemorar esta data vemos a película "Kerity, la casa de los cuentos". O protagonista, que ainda non sabe ler, hereda da súa tía avoa  unha biblioteca chea de libros e contos.

martes, 22 de abril de 2014

DÍA DA TERRA

Hoxe 22 de abril é o DIA MUNDIAL DA TERRA. 
O obxectivo desta celebración é tomar conciencia da necesidade de coidar o planeta e sensibilizarse ante problemas medioambientais como a contaminación, o uso responsable dos recursos naturais ou a protección da biodiversidade.
  
E nós que podemos facer para coidar a terra?
Aquí podemos ver algunhas ideas para traballar cos máis pequenos.


Dia de la Tierra - Discovery Kids from Ronda on Vimeo.