Outro conto de pitos. Polo Pepe é un conto que encanta aos máis cativos, especialmente se acompañamos a súa lectura coa canción de Mamá Cabra. Premendo na imaxe podemos escoitar esta canción e ver unha actividades escolar a partir do conto.
O pitiño Cocorico quere que mamá Galiña lle faga un biscoito. Pero cando vai buscar leña para encender o lume aparece o Gato Pelado, que maúlla tres veces por cada bocado e tamén quere comer o biscoito.
Un conto escrito por Marisa Núñez e ilustrado por Helga Bansch.
Preme na imaxe e verás un video do conto cantado por Almudena Janeiro.
Seguimos a traballar sobre os bichiños: abellas, formigas, xoaniñas, bolboretas, caracois, ...
Premendo na imaxe podemos ver o conto do Caracol Serafín e acceder a diversos xogos relacionados con el.
O bosque é o escenario de moitos contos.
Non podemos pensar na Carapuchiña,o lobo, os porquiños ou os sete cabritos sen situalos nun bosque.Este libro Lim podemos relizar algunhas actividades para o desenvolvemento da atención , a memoria, a asociación de imaxes, sons e palabras, a partir de algúns dos contos que suceden no bosque.