miércoles, 1 de diciembre de 2010

LA GALLINA COCORINA

Cocorina é unha galiña simpática e agarimosa, pero tamén torpe e despistada. Os seus tres pitiños sufren as consecuencias dos seus depistes e o rumor de que non os atende ben se extende pola granxa. Un delicioso conto en verso, axeitado para aprender a aceptar os defectos dos que nos rodean e a ignorar os rumores.
Un conto de Mar Pavón e Marta Carretero, editado por Cuento de Luz.

jueves, 25 de noviembre de 2010

EL MONSTRUO QUE SE COMIÓ LA OSCURIDAD

monstruo.jpg
Lorenzo non pode durmir. Ten medo a oscuridade.

 Pensa que debaixo da súa cama pode haber un monstro.

Un conto de Jimmy Liao e Joyce Dunbar, que tranquiliza os medos nocturnos.

Preme na imaxe e poderás ver o conto na páxina da Editora Bárbara Fiore.

domingo, 21 de noviembre de 2010

GATO GUILLE E OS MONSTROS

Gato Guille xoga no seu cuarto cando, de súpeto, escoita uns ruidos estranos. Ten medo e busca a súa nai.

Rocío Martín é a autora deste álbum ilustrado, editado por Kalandraka.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own free photo slideshow

sábado, 20 de noviembre de 2010

CORRE, CORRE CABACIÑA

"Corre corre, cabaciña" é un conto popular portugués. Conta a historia dunha velliña que vai a voda da súa neta.

Polo camiño atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer.

A versión editada por Oqo editora está escrita por Eva Mejuto e ilustrada por André Letria. Canción de Almudena Janeiro(Contos en cantos).

miércoles, 3 de noviembre de 2010

OMMMM

Este video presenta algunhas posturas de yoga para aprender a relaxarnos.

Empezamos a practicar?

lunes, 25 de octubre de 2010

TALA A TÚA CABAZA

Preme na imaxe e poderás vaciar a cabaza ao teu gusto.



sin-titulo.png


E agora escoita a canción dos esqueletos, moi apropiada para estas datas.


miércoles, 20 de octubre de 2010

O OUTONO

Coa chegada do outono recollemos froitos  e outros elementos típicos desta estación. Levámolos á escola para facer unha exposición.

Os protagonistas desta historia van recoller foitos de outono ao bosque.

ELMER

contenido_283248.jpg

Un conto que traballamos na aula, escrito e ilustrado por David Mcknee.
Elmer apareceu por primeira vez en 1968, pero a fama mundial non lle chegou ata o ano 1989 e, dende entón, este particular elefante protagoniza máis dunha ducia de contos que relatan as súas aventuras.
Podemos ver unha animación do conto en inglés e subtitulado en castelán.


jueves, 14 de octubre de 2010

¡¡OLÉ SARDINA!!

"¡¡Ole sardina!!"dos autores Javier Fonseca, Issa Gallego e José Miguel Garzón. Publicado pola editorial Sieteleguas Ediciones. Voces de Israel Fernández e Estrella Morente.