viernes, 28 de mayo de 2010

ÁRBORES E FLORES

Curtometraxe producida por Walt Disney en 1932, que gañou o primeiro oscar a unha curtametraxe de animación.

lunes, 10 de mayo de 2010

UN PEIXE CUN SORRISO

Esta historia, que narra a relación entre un home e un peixe, é un canto á liberdade de tódolos seres vivos.
Baseado nun conto de Jimmy Liao e dirixido por Jay Shih, Alan I. Tuan e Poliang Lin gañou un premio especial no festival de Berlín de 2006.


jueves, 6 de mayo de 2010

A FLOR MAIS GRANDE DO MUNDO

Curtometraxe, con varios premios no seu palmarés, baseado nun relato de José Saramago.

martes, 13 de abril de 2010

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA

Á luz da lúa, un ovo diminuto repousaba sobre unha folla. Un domingo pola mañá, cando o sol comezaba a quentar do o vo saíu unha eiruga pequerrecha e moi larpeira. Como tiña fame buscou algo para comer...

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA

Podemos ver unha animación deste conto de Eric Carle en versión orixinal se prememos na imaxe e unha versión realizada por Belén Junquera para o EDI.

lunes, 12 de abril de 2010

miércoles, 24 de marzo de 2010

O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS

A Enrique gustábanlle os libros,pero non coma a tí e a min.
Todo empezou un día que estaba distraido ...


domingo, 14 de marzo de 2010

A QUE SABE A LÚA?

A que sabe a lúa?

Os animais querían saber a que sabía a lúa, así que tramaron un plan para chegar ata ela...

Conseguirán a tartaruga, o elefante, o león, a cebra, a xirafa, raposo e o rato descubrir a qué sabe a lúa?


Un conto editado por Kalandraka.




VERSIÓN animada elaborada por Lara Lavandeira Murillo

lunes, 15 de febrero de 2010

CAMALEÓN CAMALEÓNICO



69331.jpg


A vida do camaleón discurría normalmente ata que foi ao ZOO. Alí, cada vez que miraba un animal desexaba ter algo del: unhas patas como as do flamenco, un caparazón como o da tartaruga, unha trompa coma a do elefante, ...




Esta é unha versión do conto de Eric Carle realizada por Mela Rodríguez coa pizarra dixital.

martes, 2 de febrero de 2010