Á luz da lúa, un ovo diminuto repousaba sobre unha folla. Un domingo pola mañá, cando o sol comezaba a quentar do o vo saíu unha eiruga pequerrecha e moi larpeira. Como tiña fame buscou algo para comer...
Podemos ver unha animación deste conto de Eric Carle en versión orixinal se prememos na imaxe e unha versión realizada por Belén Junquera para o EDI.
Avidadocamaleóndiscurríanormalmenteata que foi aoZOO. Alí, cadavezquemirabaunanimaldesexabateralgodel: unhas patas como as do flamenco, un caparazón como o da tartaruga, unha trompa coma a do elefante, ...
Esta é unha versión do conto de Eric Carle realizada por Mela Rodríguez coa pizarra dixital.
Divertido conto, ambientado en España (foi escrito en 1936, ano do comezo da guerra civil española) que é símbolo do pacifismo e a non violencia no ámbito da literatura infantil.
Un fermosísimo conto de Leo Lionni (texto e ilustracións), editado pola editorial kalandraka. Atopámolo na rede en formato slideboom adaptado a PowerPoint por Isabel Aquino.