domingo, 24 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

Kerity, la casa de los cuentos é unha preciosa película de animación para celebrar esta data.
O protagonista desta historia é un neno a quen súa tía deixa os libros da súa extensa biblioteca en herdanza.
Pero os libros están en perigo e o neno convertirase nun auténtico heroe que os salvará da súa
desaparición.

domingo, 3 de abril de 2016

PLANEANDO O XARDÍN

Comezamos a traballar nun novo proxecto sobre as plantas.
Recompilando material relacionado co tema atopamos esta páxina con recursos para crear un xardín.

A finais do mes de marzo tivemos unha sesión de plantación no xardín da escola.
Máis recursos neste padlet:

miércoles, 10 de febrero de 2016

CABALEIROS E PRINCESAS


Despois do proxecto sobre os castelos o tema do Entroido tiña que estar relacionado con estes personaxes.


Outros personaxes como bufóns, magos ou arqueiros como Robin Hod participaron no desfile de Entroido.
Preme no enlace para ver a presentación.

miércoles, 6 de enero de 2016

"BEE BOT" A ABELLA ROBOT

Bee bot é un robot con forma de abella coa que os nenos e nenas poden aprender linguaxe direccional e programación básica. É un recurso fantástico para realizar actividades de programación para desenvolver destrezas de orientación espacial e afianzar aprendizaxes de lóxica matemática e lectoescritura.



domingo, 13 de diciembre de 2015

NADAL DIXITAL

Recursos para o Nadal. Preme nos adornos navideños para acceder aos recursos (animacións, cancións e xogos).