martes, 28 de abril de 2020

O DRAGÓN DRACO TAMÉN SE QUEDA EN CASA

Draco, o dragón protagonista do conto "Viaxe ao país das emocións"  (do proxecto da Fundación Meniños, coa que colaboramos) tamén queda na casa. Podedes descargar un diploma de felicitación por ser capaz de quedar na casa para combatir o virus, ler o conto "Viaxe ao país das emocións", imprimir o conto para colorear, facer un puzzle on line de Draco, escoitar a canción de Draco ou facer o propio conto elixindo escenario, personaxe, accións e diálogos.

viernes, 17 de abril de 2020

LEMBRAMOS A LUIS SEPÚLVEDA

Pouco antes do confinamento coñecimos a Luis Sepúlveda, o escritor autor de "Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar". Foi a partir da noticia do seu contaxio por coronavirus que empezamos a falar deste autor. Lamentablemente onte faleceu. Como homenaxe podemos ver esta fermosa animación sobre o seu libro e despois  facer as Actividades lim do conto.