domingo, 13 de diciembre de 2015

NADAL DIXITAL

Recursos para o Nadal. Preme nos adornos navideños para acceder aos recursos (animacións, cancións e xogos).

miércoles, 11 de noviembre de 2015

OS CASTELOS

Comezamos un proxecto sobre os castelos. Neste simbaloo podemos acceder a unha pequena selección de recursos dixitais para achegarmos ao mundo dos castelos, aos seus personaxes e á vida na época medieval.

martes, 16 de junio de 2015

DICIONARIO SOLIDARIO

Colaboramos coa Fundación MENIÑOS no Programa CONVIVIMOS. programando e realizando actividades para fomentar unha convivencia baseada no respecto á diversidade e na igualdade en dereitos e responsabilidades. Neste libro recollemos algunhas das atividades desenvolvidas nos cursos 2013-2014 e 2014-2015.

lunes, 8 de junio de 2015

ARCIMBOLCARAS

Como no curso anterior este ano tamén participamos no Plan Proxecta- Froita na escola. Ao longo de dúas semáns tivemos a oportunidade de comer froita (de maneira gratuita para todo o alumnado) na escola.
Aproveitamos esta circunstancia para realizar actividades con froitas, como a creación de caras, ao modo do artista Arcimboldo, coas froitas da semán.

jueves, 21 de mayo de 2015

ABELLAS

A partir dunha charla sobre as abellas e un contacontos iniciamos un pequeno proxecto sobre as abellas.

domingo, 10 de mayo de 2015

DINOSAUROS

Un álbum de cromos sobre os dinosauros espetou o interese do alumnado por estes animais prehistóricos. ANIMACIÓN

viernes, 24 de abril de 2015

ACTIVIDADES CO MONSTRO DAS CORES

O monstro das cores non sabe o que lle pasa. 
Está feito un lío coas súas emocións e a súa amiga axúdalle a identificalas e separalas en diferentes cores para entender o que lle pasa.
Un conto de Anna Lemas co que iniciarnos na linguaxe emocional.
O personaxe protagonista espertou o interese de nenos e nenas polas diferentes emocións (ledicia, tristeza, medo, calma, rabia e amor) e foi o punto de partida de diferentes actividades coas que reflexionamos sobre os nosos sentimentos.

miércoles, 11 de marzo de 2015

jueves, 5 de marzo de 2015

SEGURIDADE VIAL

Aprendemos algunhas normas básicas de seguridade vial: semáforo, señais de tráfico, paso de peóns, ... Clicando na imaxe accedemos a unha páxina da DGT con recursos para traballar este tema.

sábado, 14 de febrero de 2015

jueves, 12 de febrero de 2015

PREPARAMOS A GRAN CARREIRA

Preparamos o noso disfraz de entroido: A CARREIRA DE COCHES. 
Na escola confeccionamos o chaleco e a gorra de piloto e na casa fabricamos o automóbil cunha CAIXA DE CARTÓN. 
Mentras, bailamos coa canción de Pocoyó "La gran carrera".

RECICLAR, IMAXINAR, XOGAR

Unha simple caixa de cartón pode ser un magnífico xoguete. Neste corto, realizado pola productora Studiocanoe, podemos ver algunhas ideas.

martes, 3 de febrero de 2015

QUÉROTE MÁIS

Bicos e abrazos para celebrar o día da paz coa música do Sonoro Machine "Quérote máis"
Podemos ver o video neste enlace ou na web do cole

martes, 27 de enero de 2015

RECURSOS DÍA DA PAZ

...