PÁXINAS

miércoles, 28 de noviembre de 2018

FACEMOS RETRATOS

Traballamos o esquema corporal a través da expresión artística: construimos os nosos monecos reciclando cartón e diferentes tipos de papel.

martes, 2 de octubre de 2018

PRIMEIROS DÍAS DE CLASE

"Splat o gato" é un álbum ilustrado por Rob Scotton que conta a preocupación do gato Splat ante o seu primeiro día de clase.

martes, 26 de junio de 2018

ACTUACIÓNS FÍN DE CURSO

O alumnado de infantil preparou uns bailes para o festival de Fín de curso. 
FUN AO MERCADO. ALUMNADO DE 4º INFANTIL  ESTE FÍN DE SEMANA QUIERO BAILAR. ALUMNADO DE 6º INFANTIL  LA ABEJA MAYA. ALUMNADO 5º INFANTIL

PROXECTO A EIRUGA

O conto "Unha eiruga moi larpeira" de Eric Carle deu pé a traballar nun proxecto sobre o ciclo da volvoreta. Realizamos moitas actividades inspirándonos na obra do autor, elaboramos material para traballar en diversas áreas: artística, lóxico-matemática, lecto-escritura, educación emocional, ... Aquí unha pequena mostra dos traballos e actividades realizadas:

martes, 3 de abril de 2018

MONSTRUO ROSA

Traballamos a diversidade co MONSTRUO ROSA, un álbum ilustrado que conta unha sinxela historia que engancha aos pequenos. Realizamos diversas actividades a partir deste conto: debuxamos, ordenamos secuencias, traballamos cores, tamaños e formas, falamos dos sentimentos e editamos o noso propio álbum en diferentes formatos.

miércoles, 21 de febrero de 2018

MÁSCARAS

Durante o mes de febreiro traballamos o entroido elaborando máscaras con materiais de reciclaxe.

miércoles, 14 de febrero de 2018

ENTROIDO 2018

Os contos no cine foi o tema do Entroido. Os contos eleixidos para representar no disfraz foron O flautista de Hamelim, Alicia no pais das maravillas, Peter Pan e Os Picapedra.