PÁXINAS

jueves, 25 de diciembre de 2014

jueves, 2 de octubre de 2014

PLATERO

Preme nesta imaxe para acceder á páx. oficial do centenario de Platero

En 2014 commemórase o centenario da publicación de "Platero y yo" . Esta obra escrita por Juan Ramón Jiménez convertiuse nun referente de literatura en moitas escolas de todo o mundo.
Nas aulas de infantil achegámonos a este entrañable e tenro personaxe casi por casualidade, a partir da descrición dun burriño de peluche, que este curso comezou a formar parte das nosas mascotas.

Esta animación preséntanos a Platero.(Preme na imaxe).

miércoles, 10 de septiembre de 2014

VOLTA AO COLE

Despois das vacacións  ... VOLTA AO COLE!
Non somos os únicos, personaxes como Peppa Pig, Caillou, Teo ou as tres mellizas tamén van á escola.

viernes, 27 de junio de 2014

BAILE DE FIN DE CURSO

Para despedir o curso preparamos un baile coa música de "O XOGO DA CARRRASQUIÑA". Neste video podemos ver aos pequenos durante un ensaio do baile.
O día da actuación para as familias,antes sair ao escenario:

AINDA NADA?

Ao longo do curso fixemos plantacións de diferentes sementes: landras,castañas,cabazas, millo, xirasol,... Iniciámonos nos coidados básicos das plantas e observamos o seu proceso de crecemento en diferentes soportes (macetas, botellas, xardín).

martes, 17 de junio de 2014

martes, 13 de mayo de 2014

A PEQUENA EIRUGA LARPEIRA

"UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA" é un álbum ilustrado de Eric Carle co que iniciamos un pequeno proxecto despois de traer á aula vermes de seda e observar o proceso de crecemento e metamorfosis da bolboreta.
O conto permite traballar os alimentos, os números, os días da semán, ...

RECURSOS EN LIÑA


Gloster con recursos para traballar o conto "A pequena eiruga larpeira".

sábado, 26 de abril de 2014

VISITA AO MUSEO

"As catro estacións da arte" é a actividade na que participamos na Fundación Novacaixagalicia.

miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

Para commemorar esta data vemos a película "Kerity, la casa de los cuentos". O protagonista, que ainda non sabe ler, hereda da súa tía avoa  unha biblioteca chea de libros e contos.

martes, 22 de abril de 2014

DÍA DA TERRA

Hoxe 22 de abril é o DIA MUNDIAL DA TERRA. 
O obxectivo desta celebración é tomar conciencia da necesidade de coidar o planeta e sensibilizarse ante problemas medioambientais como a contaminación, o uso responsable dos recursos naturais ou a protección da biodiversidade.
  
E nós que podemos facer para coidar a terra?
Aquí podemos ver algunhas ideas para traballar cos máis pequenos.


Dia de la Tierra - Discovery Kids from Ronda on Vimeo.

viernes, 11 de abril de 2014

lunes, 31 de marzo de 2014

LIBRO DOS TROGLODITAS

Este é un exemplo do caderno que recolle os traballos realizados co proxecto "OS TROGLODITAS"

domingo, 23 de marzo de 2014

DÍA DA ÁRBORE


O 21 de marzo commemórase o Día da árbore.
Lembramos o conto "Xaime e as landras" e realizamos as actividades lim relacionadas o conto.




miércoles, 5 de marzo de 2014

SOMOS TROGLODITAS

Somos trogloditas! Preparamos o disfraz para o entroido. Aquí están as imaxes do ensaio e o desfile que, ao final, poidemos realizar. TROGLODITAS on PhotoPeach

viernes, 31 de enero de 2014

TROGLODITAS

Recompilación de recursos para traballar o proxecto dos trogloditas.

martes, 28 de enero de 2014

A PONTE.

Unha curtametraxe que nos ensina a resolver pacíficamente os conflitos.